venres, 11 de xuño de 2021

SORPRESA, SORPREEEESAAA

XA ESTAMOS EN PLENA RECTA FINAL DO CURSO, E NESTAS SEMANIÑAS TIVEMOS POLA CLASE DE MÚSICA ALGUNHA QUE OUTRA VISITA ESPECIAL. NOVEDADES PARA OS MÁIS PEQUENOS E RECORDOS PARA OS QUE XA ESTUVEMOS XUNT@S O CURSO PASADO.

UNHA PEQUENA BOLSA QUE AGOCHABA “MISTERIO” E MOITAS CANCIÓNS NO SEU INTERIOR… A BOLSA MISTERIOSA! XA PROMETERA REGRESAR, PERO… SE FIXO BASTANTE DE ROGAR! 

FIXEMOS TAMÉN UNHA ADAPTACIÓN DA DANZA TRADICIONAL DOS 7 SALTOS, E FIXEMOS SÓ “5 SALTOS” FACENDO AS ESTATUAS DOS ANIMAIS QUE SAÍRON DA BOLSA MISTERIOSA. PODEDES FACER A VOSA PROPIA ADAPTACIÓN DENDE CASA (FACENDO ESTATUAS DE ANIMAIS, CON MOVEMENTOS QUE ESCOLLADES...) AQUÍ VOS COMPARTO UNHA PROPOSTA. ANIMÁDEVOS A BAILALA COAS VOSAS FAMILIAS!!


   



TAMÉN UNHA VELLA AMIGA REGRESOU DE VISITA CO SEU CONTO CANTADO, E O BAILE DOS ANIMAIS DO BOSQUE; COAS PALABRAS MÁXICAS DO “KU TCHI TCHI” CONSEGUIMOS FACER FUXIR Ó OSO MÁIS LARPEIRO!




MOI BOA FIN DE SEMANA!! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario