09 febreiro 2024

ENTROIDANDO 🎭

EN TEMPO DE ENTROIDO, COMO XA É TRADICIÓN, NOS ACOMPAÑOU A MÚSICA DE SAINT SAËNS E A SÚA OBRA “EL CARNAVAL DE LOS ANIMALES”; NON NOS PODE GUSTAR MÁIS METERNOS NA PEL DOS DIFERENTES ANIMAIS. POR AQUÍ VOS DEIXO ALGUNHAS DAS PEZAS QUE INTERPRETAMOS: 






E TAMÉN APROVEITAMOS O PEQUENO GRUPO DOS DESDOBRES PARA IR EXPLORANDO E EXPERIMENTANDO COS XOGOS RÍTMICOS E MANIPULATIVOS QUE NOS TRAEN OS NOSOS
AMIGOS DA BOLSA MISTERIOSA



21 decembro 2023

BO NADAL!

UN ANO MÁIS, COMO TRADICIÓN NAVIDEÑA, RECORDAMOS A MÁXICA HISTORIA DO BALLET O QUEBRANOCES! 

ESTE ANO, ADEMAIS DE DESFRUTAR DA ESTUPENDA MÚSICA DE TCHAIKOVSKY, A HISTORIA AMBIENTOU A NOSA FESTA DE NADAL!

DÉIXOVOS POR AQUÍ A VERSIÓN DO CONTO QUE FIXEMOS O CURSO PASADO

E AS DÚAS DANZAS, POR SI AS QUEREDES BAILAR EN FAMILIA ESTES DÍAS DE VACACIÓNS!


 

FELICES FESTAS!!

03 decembro 2023

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOCAS CON disCAPACIDADE

ESTES DÍAS PASADOS ESTIVEMOS REFLEXIONANDO SOBRE AS NOSAS DIFERENCIAS, AS NOSAS CAPACIDADES E TAMÉN, AS NOSAS LIMITACIÓNS.

NAS SESIÓNS DE MÚSICA, DESCUBRIMOS UN POUQUIÑO DA HISTORIA DO COMPOSITOR BEETHOVEN E FUMOS QUEN DE DESCUBRIR QUE CUNHA DISCAPACIDADE AUDITIVA TAMÉN SE PODE PERCIBIR O SON E DESFRUTAR DA MÚSICA!

 

01 decembro 2023

O BOSQUE MUSICAL

Nas últimas semanas seguimos explorando e descubrindo a través da Música e o Movemento o Bosque Musical. 

Atopámonos un montón de animaliños! 

 


Déixovos por aquí as pezas musicais para que poidades seguir cos Paseos polo Bosque sempre que vos apeteza!







31 outubro 2023

SAMAÍN 👻


O bosque musical cambiou polo Samaín e atopámonos...

Paxariños cuco agochados polo Bosque 🐦



Esqueletes movendo o..."esquelete" ☠️


E... unhas pantasmas que bailaban coa música 👻


E que o pasedes DE MEDO!!

06 outubro 2023

O OUTONO 🍂


Estes días adentrámonos co Outono de Vivaldi nun bosque musical 🎶 moi especial. Fixemos de  “buscadores de Tesouros” de outono e incluso de árbores danzaríns 🍁.
E foi neste bosque onde tuvemos a sorte de coñecer a un novo pequeno amigo, o esquío Uxío 🐿️

Déixovos por aquí a música por se queredes seguir xogando e desfrutando neste bosque musical durante a fin de semana!!
 

29 setembro 2023

COMEZAMOS 🎶🎶 !!


ESTA SEMANA COMEZAMOS AS CLASES DE MÚSICA DESTE NOVO CURSO 2023-24!!

IMOS POUQUIÑO A POUCO RETOMANDO O RITMO E RECORDANDO AS NOSAS RUTINAS 🎶 E, XA QUE TEMOS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS NOVOS EN TODAS AS AULAS, APROVEITAMOS PARA IRLLES DESCUBRINDO, AMOSANDO E FACÉNDOOS PARTÍCIPES DAS NOSAS AVENTURAS MUSICALES!

E…COMO NON PODIAMOS FACER DOUTRA MANEIRA, QUE MELLOR FORMA DE COMEZAR QUE CANTANDO!! 

BO DÍA E MOI BOA FIN DE SEMANA!!