venres, 23 de abril de 2021

CANTANDO, BAILANDO, IMPROVISANDO... DESFRUTANDO DA MÚSICA!

OLA, OLAAA!!! 👋🏻

XA PASARON UNHAS SEMANIÑAS DENDE A ÚLTIMA VEZ QUE VOS CONTAMOS DAS NOSAS AVENTURAS MUSICAIS, PERO QUE SAIBADES QUE NON PARAMOS E SEGUIMOS FACENDO MOITA MÚSICA E A TOOOODO COLOR  !! RESULTOU QUE COAS 5 NOTAS MUSICAIS QUE COÑECIAMOS PUIDEMOS APRENDER NOVAS CANCIÓNS E FACER ACOMPAÑAMENTOS E IMPROVISACIÓNS TOD@S XUNT@S COMO AUTÉNTICOS MÚSICOS 🎶🎶! 

E XA QUE ESTÁ AQUÍ A FIN DE SEMANA... QUE TAL UN POUCO DE MÚSICA PARA DARLLE RITMO E MOVEMENTO??  AQUÍ VAI UNHA CANCIÓN DO GRUPO PIM PAU QUE NOS ENCANTA!!

   

*OLLO 👀!! É MOI PEGADIZA, ASÍ QUE... QUE NON VOS EXTRAÑE QUE PASEDES O DÍA CANTÁNDOA (A NÓS XA NOS PASOU! 🤣) 

ATA PRONTO!!  

Ningún comentario:

Publicar un comentario