venres, 12 de febreiro de 2021

UN ENTROIDO... DE ANIMAIS!!


ESTA SEMANA, COA CHEGADA DO ENTROIDO, APROVEITAMOS PARA COÑECER UN POUQUIÑO DA OBRA "EL CARNAVAL DE LOS ANIMALES" DO COMPOSITOR CAMILLE SAINT-SAËNS.

SON UNHAS PEZAS CURTIÑAS, COAS QUE XOGAMOS A ADIVIÑAR A INTERVENCIÓN DE CADA UN DOS ANIMAIS, IMITAMOS OS SEUS MOVEMENTOS E, COMA SEMPRE, DESFRUTAMOS COA MÚSICA.


DÉIXOVOS AQUÍ UNHA PROPOSTA DE ANIMACIÓN DESTA MESMA OBRA, POR SE VOS APETECE RECORDALA NESTAS VACACIÓNS. (VEREDES QUE APARECEN ALGUNHAS PEZAS MÁIS DE ANIMAIS QUE NON VIMOS NA CLASE!)


 

 

E, TAMÉN ESTE SIMPÁTICO FRAGMENTO DA PELÍCULA FANTASÍA, NA QUE DISNEY PROPUXO A SÚA PROPIA VERSIÓN ANIMADA DA PEZA FINAL DA OBRA.

 

 

ESPERO QUE AS DESFRUTEDES, PERO SOBRE TODO, QUE PASEDES MOI BO ENTROIDO, AÍNDA QUE ESTE ANO NOS TOQUE CELEBRALO DUN XEITO DIFERENTE!

Ningún comentario:

Publicar un comentario