venres, 22 de xaneiro de 2021

OS DÍAS DA SEMANA NO CRA

OLA A TODAS E TODOS, 

COMEZAMOS ESTE SEGUNDO TRIMESTRE CON MOITÍSIMAS GANAS DE SEGUIR CANTANDO, BAILANDO E XOGANDO COA MÚSICA. 
ANDAMOS APRENDENDO E DESCUBRINDO NOVAS CANCIÓNS, PERO NON NOS ESQUECEMOS DAS QUE XA SON AS NOSAS PREFERIDAS DESTE CURSO!! PORQUE COMO XA BEN NOS ESCOITADES NA CASA,  NON AS QUITAMOS DA CABEZA NIN DEIXAMOS DE CANTALAS UNHA E OUTRA VEZ!! ENCÁNTANOS ENSAIAR 🎵!!

UNHA DELAS, QUE ADEMAIS NOS ACOMPAÑA CADA DÍA NAS NOSAS ASAMBLEAS DE AULA, É A NOSA PROPIA VERSIÓN DOS DÍAS DA SEMANA! FOI O RESULTADO DUNHA DAS TAREFAS INTEGRADAS DO PRIMEIRO TRIMESTRE, QUE XA VERÍADES NO BLOG DA PEPATECA. PERO XA QUE FOI UNHA DAS PRODUCIÓNS MUSICAIS DESTE CURSO, DEIXÁMOLA TAMÉN POR AQUÍ PARA QUE A POIDADES ESCOITAR E SEGUIR CANTANDO NA CASA TOOODAS AS VECES QUE QUEIRADES!


QUE PASEDES MOI BOA FIN DE SEMANA, SEMPRE CON MOITA MÚSICA  ♪

2 comentarios:

  1. Encantanos! E a coreografía tamen! Eses dous dediños en forma de v para saber que e venres! 🤣 🤣

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. E QUE ANDAMOS APRENDENDO TAMÉN A CANTALA EN LENGUA DE SIGNOS! SEMPRE É XENIAL COÑECER E APRENDER UNHA LINGUA NOVA ;)

      Eliminar