Neste Samaín...

Mantusha Lupamusha nos trasladou a súa paixón por esta festa chea de misterios, personaxes e, por suposto, moita Música!!

Aquí vos deixo a súa canción interpretada neste encontro de coros infantís en Ourense e dirixida polo seu compositor Josu Elberdin.


Cantamos, xogamos e coñecimos a algúns dos seus terroríficos amigos! Como os esqueletes ☠️ percusionistas 🥢 que non podían deixar de tocar con esta peza de Camille Saint Säens.

ou as pantasmas bailarinas 🎶👻!

Animádevos a crear as vosas pantasmas na casa aproveitando envases de refugallo (como os vasiños de iogur…). 

E xa que agora veñen uns días de descanso, por aquí vos quedan as propostas para seguir cantando, bailando, xogando e, sobretodo, desfrutando da Música 🎶 !

Que o pasades de MEEEDOOO 🎃!! 


Comentarios