venres, 26 de marzo de 2021

“5” . . . NOTAS MUSICAIS!

OLA A TOD@S! 

ACABAMOS O TRIMESTRE E O NOSO PENTAGRAMA FOISE ENCHENDO DE CORES      ♪ ! XA COÑECEMOS, NADA MENOS QUE 5 NOTAS MUSICAIS !!! 


ADEMAIS CADA UNHA DELAS TROUXO UNHA ACTIVIDADE MUSICAL: DANZAS, XOGOS, CANCIÓNS... A VERDADE É QUE CADA DÍA FOI TODA UNHA SORPRESA!

AGORA VEÑEN UNS DÍAS DE DESCANSO PARA VOLTAR CON TODAS AS GANAS E ENERXÍA DE SEGUIR COMPARTINDO, VIVENCIANDO E DISFRUTANDO XUNT@S COA MÚSICA! DESFRUTADE MOITO DESTA SEMANIÑA DE VACACIÓNS COA FAMILIA, E POR SE QUEREDES SEGUIR CANTANDO, BAILANDO E XOGANDO COA MÚSICA POR AQUÍ VOS DEIXO ALGUNHAS DAS CANCIÓNS E ACTIVIDADES QUE MÁIS NOS GUSTARON!

VÉMONOS Á VOLTA, CON MOITA MÁIS MÚSICA!  

OÍDOS ATENTOS?

 OLA, OLAAAAA 📣 !!!! 

ALGO QUE PRACTICAMOS MOITO NAS NOSAS CLASES DE MÚSICA É A ESCOITA ACTIVA 👂!! E ESTA SEMANA FIXÉMOLO CUN XOGO NOVO! 

AXUDAMOS A ESTES COELLIÑOS A ATOPAR A SÚA CENORIA E A VERDADE E QUE O FIXEMOS XENIAL! 




E UN XOGO MOI SINXELIÑO DE FACER CON MATERIAL DE REFUGALLO, ASÍ QUE SI VOS APETECE FACER ALGUNHA MANUALIDADE ESTES DÍAS PODEDES CREAR O VOSO PROPIO XOGO SONORO!! PODEDES REUTILIZAR CALQUERA BOTE QUE TEÑADES POLA CASA, EXPERIMENTAR CON DIFERENTES RECHEOS (LENTELLAS, GARAVANZOS, AUGA...),  DECORALOS COMO MÁIS VOS GUSTE E A XOGAR!! 

E FALANDO DE ESCOITAR E ADIVIÑAR... DÉIXOVOS AQUÍ ESTE VÍDEO, A VER SE ADIVIÑADES XUNTO CON LARRY OS INSTRUMENTOS QUE SOAN! 



CANTAMOS?

XA QUE TUVEMOS A SABELA VIAXANDO POLA ZONA , APRENDEMOS ESTA CANCIÓN POPULAR DA POLINESIA! 


 

 POR SE A QUEREDES FACER CO ACOMPAÑAMENTO: 
“EPO” - PERCURTIMOS SOBRE AS PERNAS
“ETAI , TAI” - 2 PALMADAS
“E” - BRAZOS EN CRUZ (TOCANDO OS HOMBROS)

“TUKKI , TUKKI” - TOCAMOS A CABEZA 

QUE A DESFRUTEDES!


venres, 5 de marzo de 2021

XOGO DE MANS

E PARA AMENIZAR A FIN DE SEMANA, DÉIXOVOS ESTE DIVERTIDOS XOGO DE MANS 👐QUE CANTAMOS ESTA SEMANA!


 


QUE A DESFRUTEDES! E MOI BOA FIN DE SEMANA!! 

ATOPAMOS O NÚMERO 5 NA MÚSICA!

 OLA A TOD@S!

ESTE ANO ANDAMOS TRABALLANDO MOITO CO NÚMERO  5  E RESULTOU QUE NA MÚSICA TAMÉN ESTÁ PRESENTE E... ATOPÁMOLO! 

O PENTAGRAMA!!!! 5 LIÑAS E 4 ESPAZOS NOS QUE SE ESCRIBE TODA A MÚSICA; TODAS E CADA UNHA DAS MELODÍAS QUE TANTO NOS GUSTA CANTAR! 



ESTIVEMOS XOGANDO E APRENDENDO CO PENTAGRAMA, A CLAVE DE SOL E INCLUSO COÑECEMOS O NOME E O SON DALGUNHA NOTA MUSICAL 🎶.

VAMOS POUQUIÑO A POUCO DESFRUTANDO CON CADA PEQUENO PASIÑO NESTE CAMIÑO MUSICAL QUE IMOS PERCORRENDO ESTE CURSO.

ATA PRONTO! 


venres, 12 de febreiro de 2021

UN ENTROIDO... DE ANIMAIS!!


ESTA SEMANA, COA CHEGADA DO ENTROIDO, APROVEITAMOS PARA COÑECER UN POUQUIÑO DA OBRA "EL CARNAVAL DE LOS ANIMALES" DO COMPOSITOR CAMILLE SAINT-SAËNS.

SON UNHAS PEZAS CURTIÑAS, COAS QUE XOGAMOS A ADIVIÑAR A INTERVENCIÓN DE CADA UN DOS ANIMAIS, IMITAMOS OS SEUS MOVEMENTOS E, COMA SEMPRE, DESFRUTAMOS COA MÚSICA.


DÉIXOVOS AQUÍ UNHA PROPOSTA DE ANIMACIÓN DESTA MESMA OBRA, POR SE VOS APETECE RECORDALA NESTAS VACACIÓNS. (VEREDES QUE APARECEN ALGUNHAS PEZAS MÁIS DE ANIMAIS QUE NON VIMOS NA CLASE!)


 

 

E, TAMÉN ESTE SIMPÁTICO FRAGMENTO DA PELÍCULA FANTASÍA, NA QUE DISNEY PROPUXO A SÚA PROPIA VERSIÓN ANIMADA DA PEZA FINAL DA OBRA.

 

 

ESPERO QUE AS DESFRUTEDES, PERO SOBRE TODO, QUE PASEDES MOI BO ENTROIDO, AÍNDA QUE ESTE ANO NOS TOQUE CELEBRALO DUN XEITO DIFERENTE!

ENTROIDO

ESTE ANO NON NOS PODEMOS XUNTAR 😔... 

PERO QUE ISO NON NOS QUITE DE BAILAR!!!

venres, 5 de febreiro de 2021

QUEN QUERE BAILAR?

NESTE CURSO O NÚMERO 5 ÁNDANOS RONDANDO DE CERCA...E ASÍ FOI COMO NOS APARECEU ESTA CANCIÓN COA QUE PASAMOS UN “RATIÑO” (🐹) DIVERTIDO BAILANDO UN TWIST!

POR PETICIÓN POPULAR, AQUÍ A TEDES PARA TODAS E TODOS @S QUE A QUEIRADES VOLVER A BAILAR!! 🎶