xoves, 1 de outubro de 2020

ESTAMOS DE VOLTA!


DESPOIS DE TANTOS MESES SEN PASAR POLAS ESCOLAS, VOLTAMOS A ESTAR XUNT@S!!!

DÁMOSLLES UNHA BENVIDA ESPECIAL ÁS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS RECÉN CHEGADOS ESTE CURSO! E UN GRAN RECOÑECEMENTO PARA TODAS E TODOS VOS, QUE CO BEN QUE VOS ESTADES ADAPTANDO ÁS NOVAS RUTINAS E NORMAS DESTA VOLTA Ó COLE TAN DIFERENTE, FACEDES QUE TODO SEXA MOITO MÁIS DOADO! 


PERO QUE ESTA VOLTA Ó COLE SEXA ALGO DIFERENTE, NON NOS VAI QUITAR DE DESFRUTAR DE MOITA MÚSICA, MOITOS BAILES E, SOBRE TODO DIVERSIÓN!! POIS XUNT@S FAREMOS QUE ESTE CURSO SEXA ÚNICO, ESPECIAL E, POR SUPOSTO, MUSICAL!

Ó LONGO DAS SEMANAS IREMOS COMPARTINDO NESTA BITÁCORA ALGUNHAS DAS CANCIÓNS, XOGOS OU ACTIVIDADES MUSICAIS QUE MÁIS NOS GUSTAN! 

DITO ISTO, QUE EMPECE A MÚSICA!  ♪

Ningún comentario:

Publicar un comentario