sábado, 31 de outubro de 2020

ASÍ CHEGOU O SAMAÍN...



AS SEMANAS PASAN VOANDO!! E ASÍ, CASE SEN DECATARNOS, CHEGOU XA A PRIMEIRA CELEBRACIÓN DESTE CURSO. O SAMAÍN!! CARGADIÑO DALGUNHA QUE OUTRA SORPRESA... E, POR SUPOSTO, CON MOITA MÚSICA !!!  

RESULTOU QUE OS NOSOS "INSTRUMENTOS DE REFUGALLO" VIÑERON TAMÉN PREPARADOS PARA A OCASIÓN! CONVERTÉRONSE EN FANTASMAS BAILARÍNS E NOS APRENDERON UN ACOMPAÑAMENTO PARA UN PEQUENO FRAGMENTO DA OBRA DO COMPOSITOR CAMILLE SAINT-SAËNS, QUE LEVA POR TÍTULO DANZA MACABRA. COMPÁRTOVOS ESTE VÍDEO DUNS ESQUELETOS ÓS QUE DISNEY PUXO A DANZAR CON ESTA PEZA! 


 


TAMÉN VOLTARON CO SAMAÍN OS PANOS DE CORES!! NESTA OCASIÓN SERVÍRONNOS PARA DAR MOVEMENTO A UNS PAXARIÑOS CUCO QUE VOABAN POLO BOSQUE. 
SE ESCOITAMOS CON ATENCIÓN ESTA PEZA, TAMÉN DO COMPOSITOR SAINT-SAËNS,   DISTINGUIREDES A CHAMADA DO CUCO. ESCOITÁMOLA OUTRA VEZ? 


 


QUE O PASEDES "DE MEDO" NESTA FIN DE SEMANA LONGA, SEMPRE ACOMPAÑADOS DE MOITA MÚSICA  ♪

2 comentarios:

  1. Grazas Lorena!! Sempre con música tan acertada! Canto estamos aprendendo contigo!
    Bico enorme!!

    ResponderEliminar
  2. ALÉGRAME SABER QUE VOS GUSTARAN! 😊
    🎵🎵

    ResponderEliminar