luns, 8 de xuño de 2020

LUNS EN MOVEMENTO!!

XA FAI UN TEMPIÑO QUE NON MOVEMOS O ESQUELETO, NON VOS PARECE?
E QUE MELLOR FORMA DE COMEZAR ESTA PENÚLTIMA SEMANA, QUE BAILANDO!
QUEN LEMBRA O "XOGO DAS ESTATUAS"?
ESTADE BEN ATENTAS E ATENTOS A ESTA PEZA PORQUE... CANDO A MÚSICA♪ PARE, HAI QUE CONVERTERSE EN ESTATUAS!
VEÑA POIS...NON SE FALE MÁIS E A BAILAR!!!




INSPIRABÁDESVOS EN ALGO PARA AS VOSAS ESTATUAS?
NO COLE ESCOLLIAMOS, POR EXEMPLO, FACER ESTATUAS DE ANIMAIS E DESPOIS TENTABAMOS ADIVIÑAR QUE ANIMAL ERA CADA QUEN!
PODEDES FACELO TAMÉN NA CASA, ESCOLLEDE UNHA CATEGORÍA (PODE SER ANIMAIS, OBXECTOS, ELEMENTOS DA NATUREZA...) E A ADIVIÑAR QUE ERA A ESTATUA DO OUTR@!

FELIZ LUNS! ♪♪

Ningún comentario:

Publicar un comentario