xoves, 18 de xuño de 2020

ATA PRONTO, BOLSA MISTERIOSA!

VAI CHEGANDO O MOMENTO DAS DESPEDIDAS... PERO ISO NON QUERE DICIR QUE TEÑAMOS QUE ESTAR TRISTES... NADA DISO! HAI QUE DESPEDIRSE RECORDANDO TODOS OS BOS MOMENTOS QUE COMPARTIMOS E TODO O BEN QUE O PASAMOS XOGANDO DURANTE ESTE CURSO!

ASÍ QUE, "QUERIDA BOLSA MISTERIOSA" PASÁMOLO XENIAL XOGANDO E APRENDENDO CONTIGO! XA NON SÓ TODAS AS CANCIÓNS DOS ANIMALIÑOS, SENÓN  COUSAS TAN IMPORTANTES COMO COMPARTIR, SER PACIENTES E CONTROLAR OS NOSOS IMPULSOS, FORMAR UN EQUIPO, E TAMÉN A SENTIR O PULSO, EXERCITAR A MEMORIA E O OÍDO, A "ADIVIÑAR"... CANTAS COUSAS!!!

E PARA QUE ESTE BONITO RECORDO POIDA QUEDAR A MAN PARA CALQUERA MOMENTO NO QUE QUEIRADES ACUDIR A EL, AQUÍ VOS QUEDA A RECOMPILACIÓN DAS CANCIÓNS DA BOLSA MISTERIOSA DESTE CURSO.

ESPERO QUE AS SIGADES DESFRUTANDO MOITO!!!






Ningún comentario:

Publicar un comentario