xoves, 21 de maio de 2020

PROPOSTA 5

ESTA SEMANA, DA MAN DA PEPATECA, CHEGAN AS TAREFAS INTEGRADAS CON DIFERENTES PROPOSTAS DIRECTAMENTE RELACIONADAS CO NOSO PDI DESTE CURSO:  

“2020 REDUCINDO PLÁSTICO” 






E XA QUE ESTIVÉCHEDES REFLEXIONANDO SOBRE O GRAVE PERIGO QUE ESTÁ A CORRER O NOSO PLANETA POLA ENORME CANTIDADE DE LIXO E RESIDUOS PLÁSTICOS QUE PRODUCIMOS NO DÍA A DÍA, VIÑÉRONME A CABEZA NON SÓ A HISTORIA DE CARPIÑO E OS SEUS AMIGUIÑOS, SENÓN TAMÉN DOS OUTROS MOITOS ANIMAIS QUE COÑECEMOS NOS NOSOS PASEOS MUSICAIS POLO MAR

VOUVOS REFRESCAR UN POUQUIÑO A MEMORIA...

LEMBRÁDESVOS DELA? 

É A CURMÁ DE XEILA, ELA É UNHA OSTRA QUE TAMÉN VIVE RODEADA DOS PLÁSTICOS E DO LIXO QUE REMATAN NO MAR...

CONVERTÉDEVOS EN OSTRAS, COMO FACIAMOS NO COLE: SENTADOS NO CHAN, COA CABEZA AGOCHADA ENTRE OS BRAZOS. COA MÚSICA IMOS ABRINDO OS BRAZOS, ASOMANDO AS CABEZAS E ABRINDO AS NOSAS "CUNCHAS”.
PERO OLLO!!! CANDO ESCOITEDES QUE SE APROXIMA O PERIGO, NESTE CASO PEDACIÑOS DE PLÁSTICO QUE SE QUEREN METER DENTRO DAS NOSAS CUNCHAS, AGOCHÁDEVOS RAPIDAMENTE E NON DEIXEDES ENTRAR Ó LIXO!! 



RECORDADE QUE PODEDES DESFRUTAR DE TODAS AS CANCIÓNS DOS ANIMAIS DO MAR, VOLVENDO Á ENTRADA DE PASEÍÑO...POLO MAR (FACEDE 'CLIC')

APERTAS ♪

Ningún comentario:

Publicar un comentario