venres, 24 de abril de 2020

PROPOSTA 1


OS DÍAS NA CASA SEGUEN AVANZANDO... BOTAMOS MOITO DE MENOS NON IR Á ESCOLA E PODER VERNOS E XOGAR TODOS XUNT@S...
É POR ISO QUE DENDE O CRA DE CULLEREDO TIVEMOS NUNHA NOVA IDEA!💡
CADA SEMANA TEREMOS UNHA PROPOSTA DALGUNHA DAS ESCOLAS DO CRA.
"ARRANCAMOS MOTORES" COA ESCOLA DE SÉSAMO!

*FACENDO 'CLIC' SOBRE A IMAXE IREDES DIRECTOS Ó BLOG DA ESCOLA PARA VER DE QUE TRATA!


E... XA QUE ESTA SEMANA ANDIVEMOS POLA COCIÑA, AQUÍ VOS TRAIO UNHA PROPOSTA MUSICAL RELACIONADA PRECISAMENTE CON... "UTENSILIOS DE COCIÑA"

ADIVIÑA ADIVIÑA... É UN UTENSILIO DA COCIÑA QUE USAMOS CANDO COMEMOS UNHA SOPA, UN PURÉ, OU TAMÉN UN IOGUR, OU LEITE CON CEREAIS. XA SABEDES CAL É?
¿ ? ¿ ?

NO SEGUINTE VÍDEO VEREDES COMO PODEMOS FACER UN INSTRUMENTO MUSICAL CON ELAS! 



E PARA QUE SIGADES PRACTICANDO CO VOSO INSTRUMENTO, DÉIXOVOS AQUÍ OUTRA CANCIÓN QUE PODEDES CANTAR E ACOMPAÑAR. E QUEN SABE... IGUAL TAMÉN VOS DA IDEA DOUTRA POSIBLE RECEITA EN FAMILIA 😋

https://www.youtube.com/watch?v=SqBqSYNMqHQ


BOA FIN DE SEMANA!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario