luns, 27 de abril de 2020

PROPOSTA 2

http://escoladeachoeira2.blogspot.com/2020/04/proposta-2-ioga-en-familia.html 
ESTA SEMANA TOCA UNHA NOVA PROPOSTA INTER-CRA! ESTADES PREPARADAS E PREPARADOS PARA UN NOVO RETO? 
DESTA VEZ IREMOS ATA A ESCOLA DA CHOEIRA PARA VER CON QUE ACTIVIDADE NOS SORPRENDEN!  
(FACENDO 'CLIC' NA IMAXE IREDES DIRECTOS Ó BLOG DA ESCOLA)






COMO BEN NOS DI A PROFE RAQUEL O IOGA É UNHA ACTIVIDADE ESTUPENDA PARA 'CONTROLAR' ESA ENERXÍA QUE ACUMULAMOS Ó LONGO DO DÍA, E MÁIS NESTES  MOMENTOS QUE ESTAMOS VIVINDO, CON TANTOS DÍAS SEN PODER SAÍR...


NAS NOSAS CLASES DE MÚSICA, NUNCA FALTABAN OS XOGOS E CANCIÓNS DE RELAXACIÓN E VOLTA Á CALMA
NESTES DÍAS, NON SÓ ESTÁ XENIAL BAILAR, CANTAR E FACER QUENTAMENTOS, TAMÉN HAI MOMENTOS NOS QUE QUIZAIS PRECISAMOS O CONTRARIO. É POR ISO QUE ESTA SEMANA VOS ANIMO A QUE PROBEDES ESTA ACTIVIDADE NA CASA!

 
XA QUE AS POSTURAS DE IOGA ESTÁN RELACIONADAS CON ANIMAIS, IMOS PROBAR A FACER A MASAXE DO "PASEÍÑO DOS ANIMAIS". TRÁTASE DE FACER UNHA MASAXE A ALGUÉN DA NOSA FAMILIA (FACENDO CAMBIO DE QUENDAS, POR SUPOSTO!) MOVENDO OS NOSOS DEDOS COMA SE FOSEN OS PASOS DE DIFERENTES ANIMAIS.
E PARA ISTO HAI QUE POÑER MÚSICA ! PODEDES ESCOLLER A QUE MÁIS VOS GUSTE; UNHA PEZA CON SONS DA NATUREZA, OU CON VOZ E MELODÍA SUAVES... E TAMÉN ELIXIR OS ANIMAIS QUE CONVIDEDES A DAR UN PASEO POLAS VOSAS COSTAS!

EU VOS DEIXO ESTA PROPOSTA COMO EXEMPLO:
  • PRIMEIRO, PODE PASAR UNHA RA SALTADORA (QUE PASEA A SALTIÑOS CO RITMO DA MELODÍA).
  • DESPOIS, UN CAMBIO NA MÚSICA [0:17] MÁRCANOS A CHEGADA DUNHA LONGA SERPE (QUE REPTA FACENDO CURVAS E MÁIS CURVAS POLO LOMBO, AS PERNAS E OS BRAZOS DA PERSOA Á QUE LLE FAGADES A MASAXE).
  • VOLTA A RA AÍNDA MÁIS XOGUETONA, CON SALTOS SUAVIÑOS E OUTROS MÁIS FORTES! 
  • [1:52] A MÚSICA MÁIS SOLEMNE ACOMPAÑA OS PASOS DUN GRAN ELEFANTE (CON PISADAS FIRMES E MÁIS LENTAS).
  • CERRA A PEZA COS SEUS SALTIÑOS A RA!


XA ME CONTAREDES QUE TAL FOI!

2 comentarios:

  1. Xenial!!!! Outro acerto!!!
    Gracias Lorena!!!

    Que fariamos sen as tuas ideas!!!
    Bico grande!!

    Iria e Chus.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. OLA IRIA E CHUS!
      ASÍ QUE VOS GUSTOU ESTO DAS MASAXES!? 😊
      É ESTUPENDO TANTO DALAS COMO RECIBILAS! A QUE SÍ? 😉
      MOITÍSIMAS GRACIAS POR COMPARTIR A VOSA EXPERIENCIA! ENCÁNTAME SABER DE VÓS!

      UN BIQUIÑO 🎶 ENORME!!

      Eliminar