mércores, 1 de abril de 2020

A PEQUENA RA INÉS






OLA, OLAAA!! 
POIS HOXE TÓCAME A MIN PROPOÑERVOS ALGUNHA ACTIVIDADE! PERO... COMO SON ALGO INDECISA... TRÁIOVOS DÚAS PROPOSTAS! : UNHA DE MOVEMENTO E OUTRA MÁIS MANUAL. ASÍ PODEDES ESCOLLER SEGUNDO OS VOSOS GUSTOS OU, SE VOS ANIMADES, FACER AS DÚAS!
Rana Verde La Lluvia - Imagen gratis en Pixabay

A BAILAR!!!
EU E MÁIS A MIÑA FAMILIA ADOITAMOS PASAR O DÍA NA CHARCA SOBRE AS FOLLAS DOS NENÚFARES.
AQUÍ VAI O RETO!!
COLLEDE UNHA FOLLA DE XORNAL, OU DE CATÁLOGO DO SUPER (ALGUNHA QUE TEÑADES POLA CASA) E CONVERTÉDEO NO VOSO NENÚFAR! CANTADE A MIÑA CANCIÓN OU POÑEDE UNHA CANCIÓN QUE VOS GUSTE E BAILADE SEN PISAR FÓRA DO VOSO NENÚFAR!
QUE TAL? FÁCIL NON?
PERO... QUE PASA SE DE CADA RATIÑO PARAMOS A MÚSICA E PREGAMOS A FOLLA! AGORA O NENÚFAR E MÁIS PEQUENIÑO E HAI QUE BAILAR GARDANDO MÁIS O EQUILIBRIO! IDE PREGANDO DE CADA VEZ MÁIS A FOLLA E A VER ATA CANTO AGUANTADES BAILANDO NO NENÚFAR SEN CAER A "AUGA"!!

AGORA, A MANUALIDADE!
QUE TAL SE LLES DA AS VOSAS FAMILIAS A PAPIROFLEXIA? PARA ESTA MANUALIDADE IDES PRECISAR DA SÚA AXUDA. TRÁTASE DE FACER A VOSA PROPIA RA DE PAPEL! PODEDES REUTILIZAR UNHA FOLLA POLO REVERSO OU UTILIZAR UN PAPEL XA DEBUXADO (ASÍ TEDES UNHA RA DE PEL "DECORADA"!) O PASO FINAL SERÁ POÑERLLE DOUS OLLOS BEN GRANDES E A SALTAR!

DÉIXOVOS AQUÍ UN VÍDEO PARA SEGUIR OS PASOS:

UNHA VEZ TEÑADES A VOSA RA, PODEDES FACER UN PEQUENO PERCORRIDO OU UN CONCURSO DE SALTO!   

UN BIQUIÑO PARA TODAS E TODOS 🐸!

Ningún comentario:

Publicar un comentario