venres, 27 de marzo de 2020

O ESQUÍO UXÍO CÓNTANOS UNHA CURIOSIDADE...



OLA A TODAS E TODOS!!

HOXE VÉÑOVOS A CONTAR UNHA CURIOSIDADE SOBRE A MIÑA CANCIÓN!
SABIADES QUE A MELODÍA É ORIXINAL DUNHA CANCIÓN INGLESA QUE SE TITULA: “LET US CHASE THE SQUIRREL"
QUERÉDELA ESCOITAR?




E HAI DIFERENTES XOGOS PARA FACER COA MIÑA CANCIÓN. EN CANTO VOLVAMOS ÁS ESCOLAS TEMOS QUE PROBALOS!

PERO AGORA QUE AÍNDA TEMOS QUE SEGUIR NA CASA... VOUVOS PROPOÑER EU UN XOGO!! ATENT@S!!
COMO BEN SABEDES EU LEVO SEMPRE COMIGO O MEU COGOMELO🍄, PERO ENCÁNTANME TODO TIPO DE FROITOS E SEMENTES. SEGURO QUE POLA CASA TEDES ALGUNHA NOZ, UNHA AMÉNDOA..., CALQUERA FROITO PEQUENO CON CASCA OU MESMO UNHA MOEDA!!
MENTRES VÓS CANTADES A CANCIÓN COS OLLOS PECHADOS, QUE A PERSOA QUE XOGUE CON VÓS AGOCHE ESE FROITO. CANDO, ABRADES OS OLLOS, A VER SE O ATOPADES!! PÓDENVOS DAR ALGUNHA PISTA ("FRÍO-FRÍO... QUENTE, QUENTE!!!"). DESPOIS, CAMBIO DE QUENDA! TÓCAVOS AGOCHAR O FROITO!
XA ME CONTAREDES QUE TAL CON ESTE XOGO QUE VOS PROPOÑO!

DÉIXOVOS TAMÉN AQUÍ UN RETRATIÑO MEU POR SE ME QUEREDES COLOREAR OU, MELLOR AÍNDA, FACERME VÓS MESMOS UN DEBUXO!!

UN BIQUIÑO DE ESQUÍO E ATA OUTRA AMIGUIÑ@S!

Ningún comentario:

Publicar un comentario