luns, 16 de marzo de 2020

#EUQUEDONACASA

 


XA QUE NOS TOCA PASAR UNS DÍAS METIDIÑOS NA CASA, DURANTE ESTA TEMPORADA APROVEITAREI O BLOG PARA INVITARVOS A FACER E COMPARTIR ALGÚNS XOGOS E ACTIVIDADES MUSICAIS COAS VOSAS FAMILIAS; QUE VOS PARECE?





E... NADA MELLOR PARA ESTES "DÍAS DE PARÓN" QUE QUENTAR MOTORES DA MELLOR FORMA QUE SABEMOS, MOVENDO O ESQUELETO!! 

AS NOSAS CLASES DE MÚSICA SEMPRE COMEZAN CA RUTINA DO SAÚDO PARA XA DAR PASO Ó QUE NOS CHAMAMOS, O "CALENTAMIENTO"

NINGUÉN MELLOR QUE VÓS, NENAS E NENOS, PARA FACER DE MESTRES COAS VOSAS FAMILIAS E EMPEZAR CADA DÍA CON MOVEMENTO! ESCOLLEDE UNHA CANCIÓN QUE VOS GUSTE E VOS ANIME A BAILAR E ... COMECEMOS!!

* RECORDADE QUE COMEZAMOS SENTADIÑOS NO CHAN E IMOS NOMEANDO AS PARTES DO CORPO QUE FACEMOS ESPERTAR: 
PÉS, PERNAS, CADEIRA, CINTURA, BARRIGUIÑA E EMBIGO , BRAZOS, PULSOS, DEDOS, MANS, OMBROS, PESCOZO, CABEZA, FRONTE, CELLAS, OLLOS, NARIZ, BEIZOS, QUEIXO, MEIXELAS, ORELLAS E ... POR FIN, A BAILAR CON TODO O CORPO!!!! 

POR SE QUEREDES ALGUNHA SUXERENCIA, AQUÍ VOS DEIXO A MIÑA CANCIÓN DE "CALENTAMIENTO" DE HOXE! (FACEDE 'CLIC' SOBRE MIN PARA ESCOITALA)
https://www.youtube.com/watch?v=gYkACVDFmeg
ATA PRONTIÑO!

Ningún comentario:

Publicar un comentario