luns, 23 de marzo de 2020

A BOLSA MISTERIOSA


ESTA BOLSA MISTERIOSA, 
ESTA BOLSA QUE TERÁ...
ÁBREA E O VEREMOS,
QUE É O QUE CHE VAI TOCAR!!

A BOLSA MISTERIOSA "DÉIXASE CAER" MOITOS DÍAS POLA CLASE DE MÚSICA. 
UN XOGO MUSICAL QUE UTILIZAMOS PARA PRACTICAR UNHAS PEQUENAS CANCIÓNS DE QUENTAMENTO DA VOZ E, POR SUPOSTO, PARA DESFRUTAR DUN RATO DIVERTIDO!

SABEMOS QUE A BOLSA MISTERIOSA TRAE CONSIGO OS NOSOS AMIGOS OS ANIMALIÑOS COAS SÚAS CANCIÓNS, PERO CADA DÍA É UNHA SORPRESA!!!

A QUEN LLE VAI TOCAR? 
QUE ANIMALIÑO SAIRÁ?

NON DUBIDO DE QUE VOS ACORDADES DA CANCIÓN DA BOLSA MISTERIOSA, PERO PARA QUE NON SE VOS ESQUEZA A MELODÍA, FACENDO ´CLIC´ SOBRE A IMAXE ESCOITAREDES UN ACOMPAÑAMENTO CO QUE PODEDES CANTAR E SEGUIR PRACTICANDO.

DENTRO DE POUQUIÑO SUBIREI Ó BLOG UNHA SORPRESIÑA PARA A QUE PRECISAREMOS ESTA CANCIÓN, ASÍ QUE...A CANTAR !

ATA MOI PRONTIÑO!

2 comentarios:

  1. Xenial, xenial, xenial🤣 pena que non temos a maxiño esquio,lila e caracol..🤣
    Gracias Lorena polas ideas!!!😘

    Iria e Chus.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. OLA IRIA E CHUS!
      É VERDADE QUE É UNHA PENA NON TELOS CON NÓS PARA XOGAR..., PERO ESTOU SEGURA DE QUE DURANTE ESTE TEMPO QUE TEMOS QUE ESTAR NA CASA PODEMOS APROVEITAR PARA SACAR NOVAS IDEAS ENTRE TOD@S!

      A VER QUE VOS PARECE A SEGUINTE ENTRADIÑA!

      UNHA APERTA FORTE!!

      Eliminar