E...CHEGOU O SAMAÍN

HOXE INAUGURAMOS Á NOSA PRIMEIRA CELEBRACIÓN CONXUNTA DESTE CURSO. TODAS E TODOS OS QUE FORMAMOS PARTE DO CRA - CHOEIRA, LEDOÑO, SÉSAMO E VINSEIRA-  POR FIN VÍMONOS AS CARAS!
AÍNDA QUE... CLARO, COMO FOI PARA FESTEXAR TANTO O MAGOSTO COMO TAMÉN O SAMAÍN, MOITAS CARAS "CAMUFLÁRONSE" DETRÁS DUNHAS ESTUPENDAS MAQUILLAXES DE ESQUELETOS!!! ALGUNHAS DÉRONNOS BASTANTE SUSTO!!!

E... APROVEITANDO A OCASIÓN, ESTES DÍAS ANDIVEMOS FACENDO E PRACTICANDO UN CONXURO PARA CHAMAR A UNS ESQUELETOS QUE SABÍAN DUN BAILE MOI DIVERTIDO! 
AQUÍ VOS DEIXAMOS O CONXURO E MÁIS O BAILE, POIS XA QUE O SAMAÍN ACABA DE COMEZAR, TEDES MOI BOA ESCUSA PARA BAILAR! 
NON ESQUEZADES FACER PRIMEIRO O CONXURO PARA QUE VOS SAÍA O BAILE DE MEEEEEEDOOO!!!!!





CONXURO DOS ESQUELETOS
CANDO O RELOXO MARCA A 1, OS ESQUELETOS SAEN DAS TUMBAS
CANDO O RELOXO MARCA AS 2, OS ESQUELETOS ANDAN ÁS ESCURAS
CANDO O RELOXO MARCA AS 3, OS ESQUELETOS LIMPAN OS PÉS
CANDO O RELOXO MARCA AS 4, OS ESQUELETOS LIMPAN OS ZAPATOS
CANDO O RELOXO MARCA AS 5, OS ESQUELETOS PEGAN UN BRINCO
CANDO O RELOXO MARCA AS 6, OS ESQUELETOS MIRAN Ó REVÉS
CANDO O RELOXO MARCA AS 7, OS ESQUELETOS LANZAN UN FOGUETE
CANDO O RELOXO MARCA AS 8, OS ESQUELETOS SACÓDENSE MOITO
CANDO O RELOXO MARCA AS 9, OS ESQUELETOS XA NON SE MOVEN
CANDO O RELOXO MARCA AS 10, OS ESQUELETOS XIRAN UNHA VEZ
CANDO O RELOXO MARCA AS 11, OS ESQUELETOS BERRAN Ó LONXE
CANDO O RELOXO MARCA A 12, OS ESQUELETOS BAILAN CON GOCE!!!




ATA PRONTO!

No hay comentarios:

Publicar un comentario